Brais Lorenzo: “Se non sentes e non empatizas co que tes en fronte é imposible facerllo chegar ao espectador” - Ahora
Publicador de contidos

Voluntariado
Voluntariado
Brais Lorenzo, fotoperiodista ourensán especializado en temas de índole social e voluntario no departamento de comunicación de Cruz Vermella en Ourense, acaba de ser galardoado co Premio Ortega e Gasset pola súa imaxe Aniversarios. Unha fotografía, tomada nos momentos máis duros e complicados do confinamento domiciliario, que mostra a celebración do 98 aniversario de Elena Pérez na residencia San Carlos de Celanova tras superar o coronavirus.
Técnico superior de Fotografía pola Escola de Arte Superior e Deseño Antonio Faílde de Ourense e graduado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, desde o ano 2010 traballa como colaborador da Axencia EFE e do xornal El Faro de Vigo. Tamén colaborou con outros medios de comunicación como El País, El Mundo, La Vanguardia, ABC, Público, La Marea, Nós Diario, Revista Luzes, The Guardian e axencias como AFP, AP e LOF, ademais de realizar diferentes traballos para institucións e organizacións non gobernamentais.
Algúns dos seus traballos foron incluídos en exposicións fotográficas que percorreron o mundo. Etiopía, Portugal, Italia, Corea do Sur, ademais de España, acolleron algunhas das súas fotografías. O seu traballo sobre a pandemia recibiu outros premios internacionais e o premio “Carracedo” da Deputación de Ourense.

Valórase o suficiente o labor do fotoperiodista?
Non imos entrar na utopía de que cunha imaxe podes cambiar as cousas, pero si podes axudar a sensibilizar a sociedade sobre determinadas problemáticas ou, polo menos, poñelo encima da mesa e que sexa a sociedade a que poida tomar algún tipo de decisión respecto diso ou se poida mobilizar.
Hai certas imaxes que mostran determinadas realidades ou acontecementos e si que valen para que a xente se sitúe dalgún modo. Si que é certo que, durante a pandemia, cando a xente non podía saír de casa e non se sabía moi ben o que pasaba, os fotoperiodistas e os traballadores gráficos fomos os ollos da sociedade. Tentamos transmitir o que sucedía, a pesar de non ser demasiado fácil. Houbo moitas trabas á hora de informar e as administracións, coa escusa sanitaria, vetáronnos o acceso a moitos lugares. Pero tentámolo facer da mellor maneira posible.
Ademais, se sempre hai que actuar con gran responsabilidade, nun momento no que es os ollos da sociedade, debes facelo con máis coidado aínda se cabe porque son momentos delicados. Nestas situacións de crises ves o mellor e o peor do ser humano, desde a axuda, a solidariedade e como a xente se apoia ata como se sinalan. E as nosas imaxes, que mostraban o que pasaba, debían ser feitas con ética, honestidade e responsabilidade.
Deixoulle pegada, ou secuelas, traballar en primeira liña durante a pandemia?
Quero crer que estamos preparados para isto. No meu caso, moitas veces a cámara fai de escudo, digamos que me protexe. Cando estou a traballar intento estar centrado no que fago, pero si que é certo que todos imos gardando cousas na mochila que despois hai que ir dixerindo e asimilando.
A pandemia foi un momento de bastante incerteza, no que non sabías ao que te enfrontabas e, ao chegar a casa, non sabías se estabas a poñer en perigo a xente que estaba contigo. Eu creo que, igual que un médico está preparado para enfrontarse a situacións de crises e a tratar a morte, os fotoperiodistas tamén temos que tratar de estar preparados para enfrontarnos a determinados momentos críticos co noso obxectivo e ser capaces de abstraernos na medida do posible. Obviamente, para transmitir algo —porque o que eu sempre busco é transmitir sensacións—, hai que sentir e se non sentes e non empatizas co que tes en fronte é imposible facerllo chegar ao espectador.

Demostrou que a figura do fotoperiodista tamén é necesaria nos lugares e as cidades pequenos.
Se a realidade non se ve, non existe. Eu reivindico que ten que haber ollos en todos os sitios, porque estamos afeitos poñer o telexornal e que saian os sitios de sempre. Hai determinados lugares no mundo que son o epicentro da información, pero coa pandemia púxose en valor que, ao ser unha crise sanitaria, económica e social no ámbito global, era tan importante o que sucedía en Ourense como en calquera outro lugar. Menciono Ourense porque é onde eu traballo, pero en calquera punto do mundo foi importante documentar o que está a pasar. Isto púxose de relevancia cunha pandemia, pero sempre é importante documentar no ámbito local as historias que suceden. Debe haber ollos, taquígrafos, xornalismo e fotoperiodismo en todas partes.
A súa imaxe Aniversarios tamén serviu para iso, non?
É unha imaxe da que non esperaba o éxito que tivo, porque foi moi premiada en varios certames. É unha fotografía tomada en Ourense, a única provincia sen mar de Galicia e a que máis esquecida estivo, tanto polas administracións públicas como polos medios de comunicación.
Habitualmente, todas as noticias que chegan sobre Ourense son negativas, como incendios forestais ou sucesos. Pero esta fotografía, que forma parte xa do relato da historia da pandemia neste país, puxo de relevancia que foi tomada nun territorio bastante esquecido. Estivo ao mesmo nivel que as que se tomaron en grandes capitais demostrando o importante que é mostrar o que pasa.
Por que elixiu Aniversarios —recoñecida co Premio Ortega e Gasset de Xornalismo— para propoñela ao certame.
Era unha imaxe que non valoraba demasiado. Escollina porque sabía que era un momento esperanzador. É unha fotografía que vai gañando co paso do tempo e tendo máis relevancia por como se foi desenvolvendo todo, polas cifras de mortos e por como afectou esta enfermidade o colectivo dos maiores, os máis vulnerables.
Son as dúas caras dunha mesma moeda.
É unha imaxe que mostra os dous lados da vida, o bo e o malo. Porque dentro desta crise sanitaria, esta persoa infectouse de coronavirus e tivo que celebrar o seu 98 aniversario desta forma. Ademais, o certo interese desta imaxe reside na dificultade de acceder a certos lugares, como neste caso, a unha residencia de maiores, de onde hai moi poucas imaxes. Ao comezo, eu non a valoraba o suficiente, mesmo non estaba entre as seleccionadas na serie fotográfica desa residencia, pero como fotografía individual sabía que tiña forza, de maneira que a presentei na categoría de Fotografías Individuais.
Ademais, un ano despois, volveu darlle un agasallo moi especial á protagonista da imaxe (Elena Pérez, de 99 anos).
Tiven a sorte de poder volver á residencia de maiores San Carlos de Celanova e estar con Elena Pérez para celebrar os seus 99 aniversarios. Leveille a foto porque, ademais, a min encántame o xornalismo de ida e volta. Foi un orgullo e un pracer, oxalá o ano que vén poidamos celebrar o centenario, sería fantástico.
Díxolle algo Elena sobre a foto?
Ela está contenta e, sobre todo, a súa familia. Porque ao ser unha fotografía tan coñecida, para min era importante que eles estivesen contentos e cómodos con iso, porque Elena practicamente se volveu famosa e se converteu no símbolo da esperanza.
Hai uns meses tamén estivo en Ceuta, sendo os ollos doutra das realidades que estamos a vivir: a crise entre España e Marrocos.
Foi a primeira vez que cubrín unha crise migratoria, que é máis diplomática que migratoria, porque ao final a crise migratoria vese todos os días. Isto é un problema diplomático entre dous países e as súas fronteiras, co tema da externalización das fronteiras e pasou o que pasou: nenos pequenos na auga e mozas xogándose a vida por cruzar. Non entendes nada, por parte de ningún.
O que vías alí era os soldados esperando na praia para interceptar a xente e se podían devolvela “en quente” facíano. Eu vexo a todo o mundo culpable e un problema de que non hai capacidade ou, máis ben, vontade para solucionar dunha maneira humanitaria. Cubrindo este tipo de historias indígnaste e cobres escenas dantescas que vulneran os dereitos humanos nas que os nenos son os máis afectados.

E cunha total impotencia.
Exacto. Cando logras escoitar as súas historias e dáste conta de que son nenos, menores de idade, que non teñen pais nin diñeiro para comer e que se xogan a vida para vir aquí a labrarse un futuro e nós o que facemos é poñerlles todo tipo de impedimentos, cáeseche a alma aos pés e non entendes nada de como funciona o mundo. Mesmo, te sentes un pouco culpable por estar alí realizando o teu traballo e volver a casa, á túa zona de confort mentres eles quedan desamparados. É xente que simplemente quere vivir e ter o dereito para ter unha vida mellor. Iso é o que buscan.
Es una situación similar a la de los jóvenes escondidos en el monte de Ceuta para evitar las deportaciones.
Estos jóvenes tienen un instinto de supervivencia que ya nos gustaría a los del primer mundo. Tengo un hermano más pequeño y veo a la juventud en un proceso de aletargamiento muy grande con los móviles y los dispositivos electrónicos. Y a esta gente la ves con una gran capacidad de superación y de salir adelante en todo. Lo que hicieron fue irse al bosque y agruparse en pequeñas familias que se apoyan los unos a los otros y buscan sobrevivir sin ser coartados, buscando la oportunidad de dar el salto a la Península en cuanto puedan.
En la actualidad colabora con el departamento de comunicación en Ourense de Cruz Roja.
Llevo un año y poco colaborando con Cruz Roja Ourense, no es mucho tiempo, por lo que no me ha dado tiempo todavía a hacer muchas cosas. Mi trabajo como voluntariado es el de proporcionar mis imágenes al departamento de Comunicación para su difusión.
Entré a colaborar en Cruz Roja porque conocía a la persona de comunicación. Hablando con ella, comentamos mi interés por hacer reportajes y coberturas con la organización y otras ONG de cooperación internacional. De esta forma, comencé por mi ciudad, por Ourense, acompañando a los voluntarios durante la pandemia en el reparto de alimentos, mantas y bebidas calientes a las personas sin techo, en esos momentos de la primera ola cuando todo el mundo estaba en su casa. También he hecho temas de recogida de alimentos y acompañamientos a familias necesitadas en sus viviendas.
¿Cuál fue la historia que más le marcó?
Durante lo más duro de la pandemia, hubo un momento en el que veías todas las calles vacías y las únicas personas que estaban en la calle eran las personas sin hogar. Era incoherente. Mandar a todo el mundo a casa en pleno estado de alarma y que hubiera personas que no tuvieran dónde ir. Hubo que buscarles albergues o espacios donde cobijarse porque no tenían dónde ir, fueron momentos que a mí me parecieron muy llamativos y de una labor muy necesaria con las personas más desfavorecidas.
[Fotos: © Brais Lorenzo]

Publicador de contidos

Banner Home
